Beti V.

Particular

Beti V.

Chámome Beti, teño 30 anos e actualmente vivo en Santiago de Compostela. Ao igual que moitas mozas, estou a buscar un emprego que me permita continuar con outras actividades, coma os estudos que estou a realizar para ser intérprete de Lingua de Signos para persoas xordas e xordocegas. Nunca tiven un contrato de traballo como coidadora nen de persoas maiores nen de nenas/nenos, pero si que teño experiencia: coidei unha avoa e unha tía-avoa e son a neneira das miñas amizades con fillas/fillos. Por suposto teño experiencia nas tarefas de limpeza. Non son profesional, claro, pero coidarei a túa vivenda igual que a coidarías ti.

Tes fillas/fillos en idade escolar e necesitan axuda con algunha materia? Tamén podo botar unha man con iso. Son licenciada en Xornalismo, diplomada en Criminoloxía, teño un mestrado en Cooperación Internacional e, como che contei antes, estou a rematar os estudos de técnica superior en interpretación da Lingua de Signos. Ademais disto, podo desenvolverme en galego e en castelán; en inglés e portugués a nivel conversa; e en alemán nun nivel moi básico.

Son unha persoa moi responsable (empecei a traballar de maneira remunerada aos 17 anos para poder pagar os meus estudos eu mesma), moi activa e que adora os animais. Desde hai cinco anos teño un compañeiro de vida negro e peludo, un gato, Marlowe. Non teño afección 'rara' ningunha: gústame ler, o cinema, a música, as conversas coas amigas, camiñar polo monte, a praia (podo estar horas dentro da auga!) e os puzzles. Ademais disto, tamén adoro o xornalismo social e cultural e colaboro con proxectos de comunicación coma a revista Luzes. E... non sei que máis contarche! Non son nada especial; só unha desempregada máis.

Moitas grazas por lerme! :)

Formación

Estudios

Universitarios

Idiomas

Español, Inglés, Portugués, Gallego

Experiencia y habilidades

Tamén falo un pouco de alemán: estudei ata 3º na Escola de Idiomas, pero hai moito tempo diso e foise esquecendo. Coma todo, se non se practica. E deféndome xa bastante ben en Lingua de Signos. Namentres estudei traballei de camareira e tamén como dependenta nun videoclub.

Disponibilidad

  • Tengo disponibilidad para cambiar de residencia
  • Tengo disponibilidad para viajar

Semana laboral

24 horas / Urgencias

Ofrece sus servicios en

Santiago de Compostela (A Coruña)

¿Necesitas presupuestos?

Para comparar distintos candidatos y/o precios

Publica un anuncio gratis

Inicia sesión
en Doméstiko

Crea tu cuenta
en Doméstiko